Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Estructura de Computadores
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Encargarase aos alumnos a realización dun traballo que elaborarán sobre información recopilada a través de distintas fontes. Valoraranse a completitude e a profundidade dos contidos, así como as aptitudes de expresión mostradas en dito traballo. Esta metodoloxía avalia parcialmente as competencias A15, B3, C2 e C4; así como as C6, C7 e C8.
10
Prácticas de laboratorio Valoraranse as prácticas realizadas polos alumnos durante as sesións de laboratorio. Para elo recolleranse evidencias tales como follas de prácticas con preguntas sobre elas ou resultados das prácticas, como por exemplo códigos escritos polo alumno. Esta metodoloxía avalia parcialmente as competencias A15, B1, B3, C2 e C4. 40
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia que non corresponden á parte práctica, senon á docencia expositiva e a solución de problemas. Esta metodoloxía avalia parcialmente as competencias A15, B1, B3. C2 e C4.
50
 
Observacións avaliación

A avaliación das prácticas (un 40% da nota) será mediante un cuestionario e/ou código(s) desenvolvido(s) polos alumnos que deberán entregarse ao final de cada sesión correspondente de laboratorio.

Na avaliación da segunda oportunidade só poderá reavaliarse a proba obxectiva da materia.

O horario da materia, a última hora da tarde, unido ao non requerimento da presenza do alumno, excepto nas sesións con prácticas avaliables e no exame, así como á dispoñibilidade na plataforma web de docencia do título de todos os materiais da materia, favorece o estudo e a avaliación dos alumnos que traballan e en xeral do alumnado con matrícula a tempo parcial.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes