Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Arquitectura do Software
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso. Malia que as prácticas se realizarán en grupos, cabe diferenciar dous compoñentes na avaliación das prácticas dun estudante:

- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación, colaboración e compenetración entre os seus integrantes.
- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta do estudiante ao grupo.

Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:

- Rigor na consecución dos obxectivos perseguidos usando as técnicas propostas.
- Asimilación dos conceptos presentados.
- Orixinalidade nas propostas.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto.
40
Proba obxectiva Proba escrita dividida en dous bloques: cuestións teóricas e un problema de modelado. 40
Traballos tutelados Valoraranse os seguintes aspectos:

- Dominio dos contidos dos traballos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
20
 
Observacións avaliación

Considerarase necesario que os estudantes demostren equilibrio no
seu rendemento na proba obxectiva e nas prácticas de laboratorio.
Así, esixirase que a calificación en ambas partes supere o 50% do seu peso relativo como condición imprescindible para a superación da asignatura.

Na convocatoria de segunda oportunidade, a proba escrita irá acompañada dunha actividade de avaliación das prácticas para aquelas persoas que non chegasen ao 50% na primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes