Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Para os alumnos cunha asistencia regular a clase (polo menos o 80%) realizaranse, ao longo do curso, un mínimo de dous exames parciais. Aqueles que superen todos os parciais cunha nota media igual ou superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen subir a nota do curso. A nota mínima para poder compensar por media aritmética cada un dos parciais á hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En caso de obter nalgún dos parciais unha nota inferior a un 3,5, a nota do curso será a media xeométrica ponderado dos parciais (dando maior peso á menor nota obtida). En caso de non presentarse a algún dos parciais considerarase que o alumno non está a seguir o sistema de avaliación continua descrito e será cualificado por curso como non presentado.

Aqueles alumnos que non sigan o sistema de avaliación descrito ou suspendan a materia por curso, deberán presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. Os exames parciais non librarán materia para o final.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, A5, A6, A7, A19, B9, B13, B14, C6.
95
Simulación Os exercicios de simulación serán de obrigatoria asistencia para a superación da materia e serán avaliados sen cualificación numérica (apto ou non apto).
Aqueles alumnos que non asistan ao 80% das clases de simulación serán cualificados como non aptos.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A5, A6, A7, A19, B13, B14, C6.
0
Prácticas de laboratorio No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, A6, A7, B13, B14, C6.
5
 
Observacións avaliación

Será necesario unha asistencia mínima do 80%
dos exercicios de simulación.



Aqueles alumnos cualificados como non aptos na metodoloxía de simulación
non poden superar a materia. Neste caso aínda superando a proba obxectiva e as
prácticas de laboratorio o alumno será cualificado cun 4.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes