Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O desenvolvemento e exposición dos traballos propostos polo profesor valorarase ata un máximo de 10 puntos. 10
Aprendizaxe colaborativa A participación activa no desenvolvemento dos traballos en grupo, así como o traballo previo á posta en común co grupo valorarase ata un máximo de 25 puntos. 25
Prácticas de laboratorio A participación de maneira satisfactoria na ensamblaxe de equipos e instalación de S.O. e redes terá unha valoración na nota final con un máximo de 10 puntos 10
Proba obxectiva Ao longo do cuadrimetre realizaranse unha serie de probas basadas principalmente en conceptos teóricos e resolución de problemas que sumarán ata un máximo de 55 puntos. 55
 
Observacións avaliación

O alumno ten dúas posibilidades de avaliación:


1. A avaliación continua. Mediante esta via, o alumno ten a posibilidade de superar a asignatura por curso mediante a presentación de traballos, as prácticas de laboratorio e as probas obxectivas que se realizarán ao longo do curso. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba final da convocatoria de xuño. . Esta vía tan só será aplicable no caso de que o alumno asista como
mínimo ao 80% das horas presenciais. 

2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta via se aplicará cando o alumno non opte á posibilidade de avaliación continua, ou ben cando non acade un mínimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso o alumno examinarase do temario completo, e o 100% da nota virá de esta proba obxectiva.

Non se gardará nengunha nota para a convocatoria de xullo en nengún caso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes