Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Química
   Contidos
Temas Subtemas
Química e transporte marítimo. Definición de Química. Materia e Enerxía. Clasificación da materia: elementos, compostos e mixturas. Propiedades fisicoquímicas da materia: propiedades extensivas e intensivas; propiedades físicas e químicas. Sistema internacional de unidades. A química e o transporte marítimo: tipos de buques.
Masa e enerxía en Química. Tipos de reaccións químicas: reversibles e irreversibles. Estequiometría: reactivo limitante e rendimento. Enerxía interna e entalpía. Calores de reacción: reaccións endo e exotérmicas. Ecuacións termoquímicas. Calorimetría. Capacidades caloríficas. Lei de Hess.
Productos químicos e transporte marítimo. Nomenclatura de compostos químicos. Estructura atómica e molecular e a súa relación coas propiedades macroscópicas. Propiedades físicoquímicas de compostos químicos habituais no transporte marítimo.
Reactividade física e química. Cinética química e equilibrio químico. Reactividade física, química e transporte marítimo. Exemplos de reaccións importantes no transporte marítimo (hidratación, oxidacións, polimerización…). Reactividade química e contaminación.
Gases e transporte marítimo. Gases. Leis dos gases ideais. Lei de Avogadro. Condicións normais e estándar. Mixturas de gases: lei de Dalton. Gases reais, desviación do comportamento ideal: factor de compresibilidade.

Gases en buques.
Líquidos e transporte marítimo. Líquidos. Densidade: relativa e aparente. Efecto da P e a T sobre a densidade. Disco Plimsoll. Medida da densidade. Tensión superficial: capilaridade. Variación da tensión superficial coa temperatura.

Equilibrio líquido-vapor: presión de vapor dun líquido (presión de vapor de saturación). Dependencia da presión de vapor coa T e a P. Ebullición. Calor latente de vaporización. Variación do punto de ebullición coa P. Humidade relativa e punto de rocío. Diagramas de fases: punto triple e punto crítico. Gases licuados: propiedades. Transporte marítimo de gases licuados.
Disolucións e transporte marítimo. Tipos de disolucións. Proceso de disolución. Unidades de concentración. Solubilidade de sólidos e gases en líquidos. Cambios da solubilidade coa T e a P: lei de Henry. Propiedades coligativas. Lei de Raoult. Aplicacións da disminución da presión de vapor e da lei de Henry o transporte marítimo. Aumento ebulloscópico e descenso crioscópico: aplicacións no transporte marítimo. Presión osmótica: aplicación en depuración de augas. Disolucións electrolíticas.
Sólidos y transporte marítimo. Tipos de sólidos. Sólidos metálicos: enlace metálico e conducción de electricidade. Semiconductores: unión P-N. Materiais cerámicos. Polímeros. Composites. Hidratos.
Combustión e transporte marítimo. Combustión. Calores de combustión. Triángulo e tetraedro do lume: consecuencias. Punto de inflamación, ignición e autoinflamación: limites de inflamabilidade. Gas inerte. Tipos de combustión. Clasificación dos incendios: causas. Mecanismos de extinción: axentes extintores. Tipos de combustibles e as súas propiedades máis importantes (poderes caloríficos). Estequiometría das reacciones de combustión: ar real e ar estequiométrico. Gases da combustión: problemas e análisis.
Electroquímica, corrosión e transporte marítimo. Procesos electroquímicos. Enerxía química. Células electroquímicas. Termodinámica dos procesos redox: ecuación de Nernst e aplicacións. Baterias e pilas. Procesos electrolíticos. Lei de Faraday. Aplicacións da electrólisis.
Corrosión. Tipos de corrosión. Corrosión do ferro e corrosión mariña. Procesos de oxidación en chemineas dos buques. Factores que influen nos procesos de oxidación. Protección frente á corrosión.
Augua nos buques. Reaccións acuosas de interese no transporte marítimo. Circuitos de augua nos buques. Parámetros indicadores da calidade do auga. Tratamentos de auga para caldeiras. Principais problemas que orixina a composición química do auga nunha caldeira: incrustacións e corrosión. Calidade do auga requerida para caldeiras. Tratamentos para eliminación de materiais en suspensión: clarificación. Tratamentos para eliminar sólidos disoltos: físicos, químicos e físico-químicos. Tratamentos para a eliminación de gases. Limpieza de caldeiras e mantemento de caldeiras sen uso. Ensaios para controlar o auga de caldeiras: en auga de alimentación, en caldeira, e en condensado. Produción de auga potable. Tratamentos para circuitos de refrixeración. Limpeza de circuitos. Utilización de anticonxelante. Prevención de incrustación de organismos mariños.
Aceites lubricantes e pinturas en buques tanque. Viscosidade: relativa, cinemática e absoluta. Unidades de viscosidade e a súa medida. Variación da viscosidade coa presión e a temperatura. Características e propiedades de aceites lubricantes e graxas. Ensaios máis importantes para controlar a súa calidade. Pinturas: tipos e características principais.
Productos químicos transportados en buques tanque e convenios internacionais. Tipos de cru no ámbito do transporte marítimo. Densidade API. Factor de corrección do volumen (VCF). Pour point. Adhesión. Características fisicoquímicas.
Convenios internacionais: convenios SOLAS e MARPOL. Reactividade e inflamabilidade. Riscos da reactividade asociados os productos transportados a granel: compatibilidade de sustancias. Toxicidade e riscos. Clasificación de mercancías perigosas: código IMDG. Etiquetado de mercancías. Fichas de seguridade (FDS).
Contaminación debida o transporte marítimo. Contaminación atmosférica: choiva ácida, efecto invernadoiro. Composición físicoquímica do medio marino. Principais contaminantes mariños: orixe, transporte, dispersión e impacto ecolóxico. Aspectos prácticos dos convenios da OMI sobre a contaminación medioambiental. Mareas negras: prevención e resposta. Derrames accidentais doutros produtos químicos.
Prácticas de laboratorio. O traballo no laboratorio: normas, seguridade e cálculo de errores.
Coñecemento e manexo do material básico do laboratorio.
Operacións básicas.
Determinación de magnitudes fisicoquímicas de gases, líquidos puros , mixturas e disolucións:especialmente do cru e/ou dos seus derivados.
Reactividade de produtos químicos dende o punto de vista do transporte dos mismos nos buques.
Propiedades fisicoquímicas da auga e de disolucións acuosas.
Propiedades fisico-quimicas de combustibles e lubricantes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes