Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Deseño de Instalacións
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade.
A3 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
A5 Coñecementos na organización de empresas. Capacidade de organización e planificación.
A6 Coñecementos e capacidade para a realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas.
A18 Redacción e interpretación de documentación técnica.
A22 Capacidade para manter e reformar instalacións e reformas de equipos de cuberta, instalacións contra incendios, dispositivos e medios de salvamento e todos aqueles elementos relacionados coa seguridade da navegación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
A29 Realizar operacións de explotación óptima das instalacións do buque.
A30 Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control do buque; as instalacións auxiliares do buque, tales como instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc.
A34 Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación.
A49 Capacidade para a realización das actividades inspectoras de mantemento relacionadas co cumprimento da lexislación correspondente.
A53 Realizar operacións de mantemento e explotación óptima de instalacións marítimo - industriais.
A58 Observar o cumprimento da lexislación vixente neste ámbito.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Versatilidade.
B11 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes