Teaching GuideTerm University College of Physiotherapy |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA MANUAL E OSTEOPÁTICA I | Código | 651G01014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba oral | Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Durante esta proba o alumno deberá amosar os seus coñecementos e as súas habilidades psicomotrices na execución dos diferentes procedementos exploratorios e terapéuticos estudados o longo do curso efectuando un axeitado razoamento clínico. Para computar na media total, da evaluación da asignatura, e poder optar a superar a mesma deberá obter como mínimo un 4 neste apartado. A cualificación desta proba supón o 30% da nota media final da asignatura. |
30 |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. A asistencia regular as clases asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura. |
5 |
Prácticas de laboratorio | Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. A asistencia regular as prácticas de laboratorio asi como as actitudes e aptitudes amosadas nas mesmas serán evaluadas de xeito continuado, outorgándoselles un 5% da nota total da asignatura. |
5 |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. A realización dos traballos propostos polo profesor a súa calidade e as actitudes e aptitudes amosadas polos alumnos nesta tarefa, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura. |
5 |
Recensión bilbiográfica | A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación a súa propia experiencia. A presentación en tempo e forma das recensions así como a súa calidade, serán avaliados nunha porcentaxe do 5% da nota final da asignatura. |
5 |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Para computar na nota final da evaluación da asignatura, e poder optar a superar a mesma, deberá obter como mínimo un 4 neste apartado. A cualificación desta proba supón o 50% da nota media final da asignatura. |
50 |
Observacións avaliación | ||
A nota final establecese nun rango de "0" a "10". Esta nota estará formada pola suma das notas parciais, obtidas en cada un dos apartados da evaluación, na porcentaxe que lle corresponda, e que esta indicada no esquema exposto enriba. A cualificación de aprobado obterase cando a nota media final sexa de "5".
Os alumnos que teñan opción a Matrícula de Honra, para optar a ela deberán presentar os apuntes dos contidos teóricos e prácticos do curso, elaborados por eles mesmos, no plazo que se estableza. Si a avaliación dos mesmos resulta positiva acadarán a cualificación ante dita. En caso de que houberá mais candidatos que Matrículas de Honra se establecerá un orden de prelación. |
|