Teaching GuideTerm University College of Physiotherapy |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
FISIOTERAPIA RESPIRATORIA |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA RESPIRATORIA | Código | 651G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Seminario | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudoo intensivo dun tema. Caracterizase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusiones as que teñen que chegar todos oss componentes do seminario. |
Prácticas de laboratorio | Docencia práctica: Demostración práctica, por parte do profesor dunha actividade ou aspecto terapéutico concreto, mentres os alumnos observan, para a continuación reproducila entre eles ate acadar o seu dominio. As prácticas a desenvolver na materia son as seguintes - Práctica 1: Localización topográfica dos pulmóns: bordes, cisuras e segmentos. - Práctica 2: Realización da auscultación. - Práctica 3: Inspección do tórax, observando a súa morfoloxía e o patrón ventilatorio. - Práctica 4: Medición da amplitude torácica, manual e instrumentalmente. - Práctica 5: Valoración da musculatura respiratoria. Determinación de da presión inspiratoria máxima e da presión espiratoria máxima. Valoración da resistencia dos músculos respiratorios (máxima ventilación voluntaria). - Práctica 6: Execución das maniobras de espirometría simple e forzada. - Práctica 7: Aplicación das técnicas de eliminación de secrecións por ondas de choque e uso da presión espiratoria positiva na vía aérea. - Práctica 8: Execución das técnicas de eliminación de secrecions por acción da gravidade. - Práctica 9: Execución das técnicas de eliminación de secrecions por variación do fluxo aéreo. - Práctica 10: Realización da reeducación diafragmática nos diferentes decúbitos, sedestación, bipedestación e cuadrupedia. - Práctica 11: Realización das expansiones costáis secundada e contrariada por zonas topográficas y da flexibilización da caixa torácica. - Práctica 12: Execución do protocolo de ventilación dirixida. - Práctica 13: Deseño e execución dun protocolo de entrenamento específico da musculatura respiratoria. Uso de espirometría de incentivo - Práctica 14: Manexo dos diferentes sistemas de aerosolterapia e execución da maniobra inhalatoria. |
Traballos tutelados | Elaboración dun traballo en grupo por parte do alumnado. Grupos de 5/6 persoas con trabajos diferenciais e exposición pública dos mesmos Guión do traballo: 1.¿Qué se entende por........? 2. ¿Cales son os séus principáis factores etiolóxicos? 3. ¿Qué síntomas característicos refire o doente na anamnese? 4. ¿Cales son os principaiss hachaazgos clínicos á inspección, palpación, percusión e ascultación del paciente? (estudo semiolóxico) 5. ¿Cómo será a oxixenación e a ventilación do doente? 6. ¿Estarán alteradas as probas funcionáis de laboratorio (espirometría, presions musculares, máxima ventilación voluntaria)? ¿Qué tipo de síndrome ventilatorio presenta e por qué? 7. ¿Qué alteracions específicas da mecánica pulmonar podemos encontrar? (a nivel articular, muscular e biomecánico?. 8. ¿Cál é a resposta dos centros respiratorios antea situación clínica do enfermo? 9. ¿Cales crees que serían os obxetivos de fisioterapia respiratoria con ese paciente? Extensión máxima: 8 folios Tipografía: Times New Roman a 12, doble espacio. Exposición final de los trabajos en el aula |
Lecturas | Durante o curso o alumno realizará a lectura de catro artigos seleccionados, complementarios aos contidos desenvolvidos no aula, e que reforzarán o traballo durante os seminarios. O alumno deberá presentar o resume de cada texto a través da plataforma moodle, cos puntos máis salientables e unha breve valoración persoal sobre a relevancia e implicacións clínicas do artigo correspondente. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo probas de ensaio (unha ou dúas) e preguntas tipo de probas obxetivas tipo test de resposta múiltiple. |
|