Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ECOGRAFÍA EN FISIOTERAPIA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Asistencia, execución e análise das prácticas programadas.

Levaranse a cabo actividades prácticas en íntima relación cos contidos teóricos abordados. Realizaranse en pequenos grupos, esixindo certa preparación fóra do horario de clase.

Para a súa execución, o laboratorio está equipado cun equipo de ecografía portátil de última xeración.
Aprendizaxe colaborativa O total de alumnos/ás matriculados nesta materia dividiranse en grupos de 15-20 persoas que irán rotando consecutivamente ao longo das semanas nas denominadas "clases interactivas". Tras cada unha das sesións maxistrais seguirá unha clase interactiva onde se tratarán aspectos relacionados coa temática abordada, con maior profundidade. O obxectivo é reforzar o proceso de adquisición de coñecementos, así como completar aqueles aspectos que non puidesen ser tratados con suficiente detemento.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas, en concreto, na avaliación desta materia empregaranse algún dos seguintes: preguntas test, de resposta breve e/ou de completar.
Proba oral Efectuarase por parellas. A cada alumno/a faránselle 2 preguntas relacionadas cos contidos (fundamentalmente prácticos) da materia. O compañeiro/a actuará de receptor da técnica, método ou procedemento. É imprescindible un dominio do contido explicado durante as clases maxistrais e interactivas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes