O papel do contexto familiar no tratamento das alteracións da comunicación e a linguaxe
Código
652498037
Titulación
Mestrado Interuniversitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (plan 2012)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Claver Turiégano, Esther
Correo electrónico
escatu@unizar.es
Profesorado
Claver Turiégano, Esther
Duran Bouza, Montserrat
Correo electrónico
escatu@unizar.es
montserrat.duran.bouza@udc.es
Web
Descrición xeral
Os obxectivos que persigue esta materia son:
- Proporcionar ao alumno nocións da epistemoloxía sistémica e unha bagaxe conceptual sobre estrutura e dinámica familiar, así como unha aproximación aos diferentes tipos de intervención terapéutica.
- Coñecer os presupostos teóricos e as intervencións terapéuticas das principais escolas en terapia familiar e afondar na elaboración de hipótese e nas técnicas de intervención.
- Aprender a "observar sistémicamente" e iniciarse na "elaboración de hipótese".
- Coñecer aspectos importantes do sistema familiar en relación á intervención en problemas de aprendizaxe en infancia e adolescencia, máis concretamente en dificultades específicas relacionadas con trastornos na linguaxe.
- Coñecer a importancia do papel da familia en todos os estadios do ciclo evolutivo familiar, facendo especial atención nos aspectos diferenciais en adolescencia e idade adulta.
- Aprender as principais técnicas de intervención no sistema familiar.
- Poñer en práctica os conceptos aprendidos en sesións prácticas e analizando casos clínicos concretos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías