Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Intervención psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Ser capaz de asesorar centros, profesionais, familias e institucións co fin de axudar a resolver problemas educativos e promover a innovación
A2 Capacidade para considerar as múltiples variables intrapersoais, interpersoais e contextuais que inciden no proceso de ensino-aprendizaxe e para avaliar e intervir na mellora dos recursos motivacionais.
A3 Planificar programas, proxectos e servizos de intervención para a mellora dos membros da comunidade educativa, aplicables a diferentes contextos e grupo destinatario.
A4 Capacidade para coordinar, facilitar e impulsar a utilización de medios e recursos didácticos e multimedia favorecedores de atención á diversidade
A5 Planificar a intervención educativa en diferentes contextos, identificando e interpretando as dificultades e trastornos que poidan xurdir no proceso de ensino-aprendizaxe.
A6 Dominar o marco lexislativo que regula o funcionamento das diversas institucións e adoptar un marco teórico de referencia que ampare os criterios de selección dos diferentes instrumentos e estratexias de diagnóstico, intervención e avaliación.
A7 Potenciar a xustiza curricular mediante o uso de estratexias didácticas respectuosas coa diversidade social, cultural e ambiental, analizando criticamente a experiencia histórica de exclusión educativa, e elaborando as adaptacións do currículo que garantan unha perspectiva inclusiva da educación
A8 Deseñar, implementar e avaliar prácticas educativas, programas e servizos que dean resposta ás necesidades das persoas, organizacións e colectivos específicos, promovendo a presenza, participación e éxito de todo o alumnado en contornos educativos e sociolaborais.
A9 Desenvolver estratexias, técnicas e recursos para a prevención, detección e avaliación de necesidades específicas de atención educativa
A10 Fomentar a investigación-acción para mellorar as prácticas educativas e profesionais favorecendo o traballo cooperativo
A11 Redactar, presentar, defender informes e outros documentos básicos que contribúan a unha óptima comunicación en contextos multidisciplinares
A12 Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren esta dimensión
A13 Ser capaz de deseñar, desenvolver e avaliar procesos de investigación educativa, utilizando os métodos máis apropiados á natureza do problema, á finalidade da investigación e os criterios científicos máis adecuados, con especial énfase nos procesos de investigación na aula
A14 Coñecer as necesidades formativas básicas nos diferentes contextos escolares e sociolaborais, poñendo especial atención naquelas competencias que favorezan o traballo en contornos multiculturais
A15 Coñecer e valorar as competencias que buscan o desenvolvemento do potencial individual, os procedementos que se utilizan para a súa concreción práctica, o contido e nivel de cualificación, así como a necesidade da educación ao longo da vida
A16 Coñecer os principios básicos do comportamento, as súas alteracións, e colaborar no deseño de programas de promoción da saúde
B1 Capacidade de creatividade e innovación
B2 Aprender a aprender
B3 Capacidade de resolución de problemas
B4 Capacidade de aplicar coñecementos na práctica psicopedagóxica
B5 Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e escrita
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes