Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Formando parte do seu traballo autónomo, os/as estudantes deberán ler os textos proporcionados ao comezo do curso. Estas lecturas serán obxecto de análise tanto nas sesións de obradoiro coma na proba mixta.
Obradoiro Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente polas profesoras.
Proba mixta Na última sesión do curso os estudantes deberán realizar unha proba mixta de carácter teórico-práctico.
Sesión maxistral A modo de introdución ou visións de conxunto, desenvolveranse as directrices xerais dos contidos que conforman a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes