Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
6 Mestrado Universitario de Educación Secundaria: Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá
 Asignaturas
  Contidos complementarios para o ensino das literaturas galega e castelá
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Nestas sesións o estudantado deberá participar activamente, así como demostrar que traballou previamente os materiais proporcionados polas profesoras.

30
Proba mixta Aplicaranse os seguintes criterios de avaliación:
- adecuación da resposta á pregunta formulada
- correcta estruturación do discurso
- corrección ortográfica, sintáctica e gramatical

Para superar a materia a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
Lecturas As docentes valorarán a aplicación que o alumnado faga das lecturas recomendadas, e que se perciban nas distintas prácticas que realice ao longo do curso. 20
 
Observacións avaliación
A realización das lecturas é imprescindíbel para superar a materia, xa que sobre elas xiran os contidos teóricos, as sesións interactivas e as demais actividades que computan na avaliación.


Para superar a materia é imprescindíbel o uso correcto da lingua, tanto oral coma escrita: ortografía, puntuación, corrección sintáctica e gramatical.


O alumando que teña matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberá realizar os mesmos traballos e probas que os/as estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes