Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Ensino e aprendizaxe das ciencias da natureza II | Código | 652G02021 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Terceiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | Valoraráse a adquisición dos coñecementos relevantes e a capacidade interpretativa do alumnado (análise e síntese, argumentación, crítica...) adquiridos ao longo do curso. | 60 |
Prácticas de laboratorio | Valorarase asistencia, participación e presentación de resultados, tanto en actividades prácticas de campo/laboratorio como en sesións interactivas | 10 |
Traballos tutelados | Valorarase a inclusión dos aspectos descritivos relevantes e, especialmente, a capacidade analítica e interpretativa do alumnado respecto ás situacions obxeto de estudo. Ademais, no seu caso, valorarase a exposición oral dos traballos | 30 |
Observacións avaliación | ||
Primeira oportunidade (xuño)
A cualificación nesta oportunidade farase en función dos resultados obtidos nas seguintes avaliacións parciais: • Sesións interactivas e actividades prácticas de campo/laboratorio: a asistencia a estas actividades é obrigatoria. Se globalmente a asistencia é inferior ao 80% a cualificación neste apartado será 0. • Traballos tutelados. Serán avaliados tres traballos presentados nas datas fixadas ao longo do curso. A nota neste apartado será a media ponderada, no seu caso, das cualificacións obtidas en cada un deles. • Proba escrita individual dos resultados da aprendizaxe. Faranse dúas probas, a primeira abarcará a metade da materia e a segunda coincidirá coa convocatoria de exame final fixada pola facultade. - Os alumnos/as que superen a primeira proba (primeiro parcial con cualificación de 5 ou superior) poderán presentarse só ao exame do segundo parcial, na data establecida no calendario oficial da Facultade. A cualificación da proba escrita destes estudantes será a media aritmética das notas obtidas en cada parcial. O aprobado estará condicionado a que a nota de cada parcial sexa igual ou superior a 5. - Os alumnos/as que no primeiro parcial teñan cualificación inferior a 5 deberán realizar unha proba final na devandita data, que incluirá toda a materia. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques. Para obter a cualificación de aprobado na oportunidade de xuño será imprescindible obter unha nota de 5 en cada apartado (sesións interactivas/laboratorio; proba escrita; traballos tutelados). Cumprida esta condición a nota final será a media ponderada das cualificacións dos distintos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada dos apartados suspensos. Segunda oportunidade (xullo) O alumnado que asistiu ao 80% das actividades interactivas/laboratorio e que ten aprobados os traballos tutelados, pero non superou a proba escrita individual de avaliación dos resultados da aprendizaxe, deberá realizar esta proba nas datas oficiais de xullo. A cualificación para aprobar será de 5 ou superior e estará condicionada a que se aproben os contidos de cada un dos bloques. O alumnado que non teña aprobado (con cualificación 5 ou superior) os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio deberá realizar, na data oficial, unha proba escrita específica e individual relacionada cos mesmos. O alumnado que non superara nin os traballos tutelados e/ou as actividades interactivas/laboratorio, nin a proba individual escrita terá que realizar todas as probas antes mencionadas. Para obter cualificación de aprobado na oportunidade de xullo é necesario ter superado con nota de 5 ou superior cada unha das partes (a proba escrita individual e os traballos tutelados/actividades interactivas-laboratorio). A nota final será a media ponderada das cualificacións dos devanditos apartados. A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia será a media ponderada das notas suspensas. |
|