Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Grao en Logopedia |
Asignaturas |
Practicum II |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Practicum II | Código | 652G04045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 20 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Seminario | O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios de titoría cos seguintes criterios: -Asistencia ás titorías - Grao de cumprimento sobre do plan de seguimento establecido, tendo en conta a pertinencia das súas intervencións, dúbidas, suxerencias, etc. |
10 |
Portafolios do alumno | Debería facer referencia a: ? Características da institución: descripción, características asistenciais, recursos, principios logopédicos, etc. ? Parte clínica: Análise do programa ou programas de intervención. Descripción das patoloxías e casos observados e/ou tratados, incluíndo cada unha das fases do proceso de intervención: - Descripción do proceso de avaliación así como das técnicas e instrumentos empregados. - Obxetivos terapéuticos. - Técnicas de tratamento empregadas. - Procedemento nas diferentes sesión. - Conclusión e reflexión sobre dos resultados logrados. |
40 |
Prácticas clínicas | O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado na institución, facendo unha valoración das seguintes cuestións recollidas na Ficha de avaliación: asistencia e puntualidade, responsabilidade no traballo diario, responsabilidade e interese pola aprendizaxe, competencias profesionais | 40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | -Asistencia ás sesións. - Síntese dos contidos dos distintos eventos |
10 |
Observacións avaliación | ||
PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN: Para emitir a cualificación final desta materia, o profesor-titor da Facultade terá en conta os 4 elementos recollidos na avaliación: seminarios, portafolio, valoración das prácticas clínicas realizada polo titor da institución colaboradora e a asistencia ó evento científico desenvolto por profesionais expertos en diferentes ámbitos da práctica logopédica. a) Requisitos para superar a materia: Para aprobar a materia será necesario superar as prácticas clínicas e o portafolios. b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo): 1.As prácticas clínicas non poden recuperarse, polo que un informe desfavorable nas mesmas, na oportunidade de xuño, implica a non superación da materia. 2. Os seminarios e os eventos científicos non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantéñense para a oportunidade de xullo. 3 O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación. c) Cualificacións: 3.Non realizar as prácticas clínicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado. 4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas clínicas superadas supón obter a cualificación máxima de 4. |
|