Eventos científicos e/ou divulgativos |
O obxectivo do cinefórum é o emprego de ferramentas non convencionais ou distintas para a aprendizaxe. Está previstá proxección dunha película, seguida dun debate entre os asistentes. (Con anterioridade entregaranse materiais para preparar o seminario, e con posterioridade os estudantes deberán preparar un comentario da mesma).
|
Estudo de casos |
Os casos teñen coma obxectivo estimular a reflexión e afacerse ao manexo dos principios, valores e dereitos presentes na prática clínica. Diríxense principalmente ao desenvolvemento das habilidades argumentativas e a posta en funcionamento dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas e na aprendizaxe individual e colectiva.
Así mesmo, os estudantes traballarán en pequenos grupos a modo de comité de ética asistencial, adicado á análise e á deliberación de casos clínicos. Neste caso, os traballos parciais consistirán na elaboración da acta do Comité de ética asistencial, exponiendo o proceso de argumentación e a solución acadada.
Os temas que serán obxecto de tratamento específico, a través de casos práticos, son:
- Modelos de relación asistencial.
- Os procesos de toma de decisións en pacientes incapaces.
- A confidencialidade e o segredo profesional.
- Problemas éticos no ciclo da vida.
|
Proba de ensaio |
O exame constará de 10 preguntas que se corresponderán cos contidos do programa. A duración do exame será de 2 horas. |
Análise de fontes documentais |
Para o adecuado desenvolvimiento desta materia é preciso o manexo de documentos deontolóxicos e xurídicos que serán facilitados aos alumnos co fin de que se familiaricen coa súa lectura. Os devanditos documentos proporcionan ademais unha guía imprescindible á hora de atopar solucións aos distintos casos que serán estudados. |