Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Saídas de campo |
|
Descrición |
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:
- Saídas de campo tuteladas: realizadas na contorna do centro, coa presenza da profesora responsable da materia.
- Tutorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución de alumnos realizada para a elaboración dos traballos tutelados.
A finalidade das saídas de campo e as tutorías é apoiar o traballo tutelado que desenvolverán os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade tutelada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento do estudante.
Por tanto, TEÑEN CARÁCTER OBRIGATORIO, e son necesarias para superar a materia. |
|