Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Industrial (plan 2012)
 Asignaturas
  Electrónica e instrumentación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple Realizarase polo menos unha proba de resposta múltiple, para a comprobación dos coñecementos adquiridos, en horario de clase. 30
Presentación oral Durante o curso propoñerase a realización de polo menos un traballo que terá que ser defendido/presentado oralmente. 10
Prácticas de laboratorio A súa realización e valoración positiva é imprescindible para aprobar a materia. 20
Prácticas a través de TIC Durante o curso propoñeranse problemas para que os alumnos os resolvan de forma teórica e práctica mediante simulación. 20
Proba obxectiva A proba obxectiva escrita ten o obxectivo de comprobar se o alumno adquiriu as competencias fixadas como obxectivo desta materia. A proba obxectiva realizarase nas convocatorias oficiais de Xaneiro e Xullo. 20
 
Observacións avaliación

Para
aprobar a materia hai que obter unha puntuación mínima de 50 puntos sobre 100.



A nota final obterase sumando as puntuacións obtidas en Prácticas a través de
TIC, Prácticas de laboratorio, Presentación Oral, Proba de resposta múltiple e
Proba obxectiva, sempre e cando se cumpran as seguintes condicións:

  • Que se realizasen e aprobado
    as Prácticas de laboratorio (puntuación maior ou igual que 10).
  • Que a nota de Proba de resposta múltiple sexa maior ou igual que
    12.

No caso
de que non se cumpran as condicións anteriores, a nota final será a nota
ponderada da suma das notas de Proba Obxectiva e de Proba de resposta múltiple.



As notas de cada un dos apartados só serán válidas durante o curso académico no
que se obteñan.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes