Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Bioloxía
 Asignaturas
  Bioloxía dos Animais Terrestres
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva 1. Exame sobre os contidos teóricos da materia. Consistirá nunha serie de preguntas de extensión media. A puntuación alcanzada nesta parte do exame supoñerá o 80% da nota final (máximo de 8 puntos sobre 10).

2. Exame "de visu". Realizarase conxuntamente co exame dos contidos teóricos. Consistirá no recoñecemento por fotos dunha serie de especies animais terrestres (os máis característicos da fauna galega e ibérica) dunha lista que estará dispoñible na plataforma Moodle a comezo de curso. A puntuación alcanzada supoñerá o 20% da nota final (máximo de 2 puntos sobre 10).
100
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, así como o recoñecemento das especies máis importantes da fauna terrestre galega e ibérica.

Para aprobar a materia (exame teórico + exame de visu) haberá que obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos. Terán o carácter de "non presentados" aqueles alumnos que non realicen a proba obxectiva.

Serán considerados como "Suspensos" os alumnos que presentándose a esta proba, non alcancen a puntuación global de 5,0 puntos.

En sucesivas convocatorias, igual que anteriormente, o 20% da nota total valorarase nun exame "de visu" que se describiu anteriormente, que se realizará conxuntamente co exame teórico. Este exame teórico computará, polo tanto, o 80% da nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes