Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Bioloxía
 Asignaturas
  Paleobioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio a) 1 exame de recoñecemento “de visu” de fósiles comúns nas formacións sedimentarias da Península Ibérica e nas oposicións a profesorado do ensino medio e/ou
b) Cuestionarios de prácticas
10
Proba obxectiva Consiste na realización dun exame escrito sobre os contidos teóricos impartidos durante as sesións maxistrais 70
Seminario Controis rutinarios sobre os contidos dos seminarios 20
 
Observacións avaliación
A avaliación dos contidos teóricos inclúe as actividades realizadas nas sesións maxistrais e nos seminarios. No que se refire as sesións maxistrais, se ofrece a posibilidade de realizar un exame final liberatorio ("proba obxectiva") previo ao exame final de carácter oficial. A superación dos exames de prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a asignatura.

A compensación de nota entre teoría (contidos das sesións maxistrais e os seminarios) e prácticas farase só a partires dunha nota mínima de 4 en cada unha das partes.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e seminarios se conservan na convocatoria de Setembro. A cualificación da proba obxectiva de Setembro substituirá á obtida en Febreiro.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20% das actividades avaliables programadas.

A non asistencia ás sesións de prácticas de laboratorio ou ao obradoiro suporá a realización dun traballo extenso sobre un grupo taxonómico de fósiles a determinar polo profesor e á súa exposición oral.

A non asistencia á saída ao campo suporá a realización dun traballo extenso sobre a xeoloxía e paleontoloxía da zona a partires de mapa xeolóxico e outra información dispoñible que suministrará o profesor.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes