Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Química
 Asignaturas
  Experimentación en Química Inorgánica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Posto que se trata dunha materia a extinguir, dentro do plano de estudos da licenciatura en química, o alumnado será availado mediante unha proba obxectiva. Esta proba consistirá na preparación, realización e presentación de dous experimentos: A síntese e caracterización dun composto de coordinación, e a síntese e caracterización dun sólido inorgánico non molecular. A proba obxectiva comezará coa entraga dos guións dos experimentos a realizar. A continuación o alumnado disporá dun tempo dunhas 8 horas para a planificación dos experimentos. Unha vez planificados, realizarase unha entrevista para avaiar a preparación previa, e o alumnado comezará o traballo experimental. Unha vez concluído, avaliarase o traballo experimental cunha segunda entrevista. A availación final terá en conta a preparación e realización dos experimentos, así como as conclusións obtidas e o diario de laboratorio que será entregado ao profesor á conclusión da proba.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes