Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Licenciado en Química
 Asignaturas
  Experimentación en Química Inorgánica
   Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Ao longo do transcurso da asignatura realizaranse varias sesións de atención personalizada que inclúen:
i) Unha titoría personalizada (T1) na que se analizarán as respostas do alumno ás cuestións previas, discutirase sobre as mesmas, e orientarase ao alumno sobre o nivel que posúe para iniciar o resto das actividades.
ii) Dúas sesións de atención personalizada (T2 e T3) que se realizarán despois da planificación e revisión bibliográfica que realizará o alumno para cada unha das prácticas. O alumno discutirá co profesor as conclusións ás que chegou na etapa de preparación do experimento. Se o profesor avalía positivamente o traballo do alumno, éste será autorizado a comezar o traballo experimental.
iii) Unha sesión de atención personalizada na que se completará a avaliación do alumno, e na que se procurará orientalo sobre posibles carencias na súa formación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes