Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A realización destas prácticas é OBRIGATORIA e polo tanto se non se realizan se pode aprobar a materia.
Puntuarase cun máximo de 1.5 punto sobre o 10 da nota total.
O 1.5 repartirase do seguinte modo:
-1 punto corresponderase á avaliación do traballo diario no laboratorio. Para iso cada parella de prácticas deberá entregar un guión cos resultados obtidos, de cada unha das prácticas que realice, que en total serán 5. Cada práctica terá un valor máximo de 0.2.
-0.5 pto se correpsonderá á realización dun exame de prácticas que consisitirá na repetición dunha das prácticas xa feitas. A realización do exame será condición NECESARIA para ser avaliado.
Con anterioridade á realización das prácticas darase unha sesión na aula para explicar erros, cálculos, axustes e análise de resultados que posteriormente se aplicarán no laboratorio. A non asistencia a esta clase, sen causa xustificada, supoñerá unha penalización na nota final de prácticas de 0.3 ptos
Nesta actividade avaliaranse as seguintes competencias: A19, A20, A22, A23, A24, B3, B5, B7 e C3.
15
Solución de problemas Actividade de avaliación continua voluntaria que consiste en que a todos aqueles alumnos que desexen, recibirán diversos problemas acerca da materia impartida, con distinto grao de dificultade, que deberá resolver ante a lousa diante do profesor.
Isto permite ao profesor coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo, así como a capacidade de exposición, resolución e defensa do alumno.
A devandita metodoloxía será valorada ata 0.8 puntos sobre 10.
Os 0.2 puntos restantes para alcanzar a nota final de 10 outorgaranse en función da participación activa na resolución de problemas en grupos interactivos. Nesta actividade avaliaranse as competencias: A1, A3, A5, A12, A14, A15, B1, B2 e C1.
10
Proba mixta Actividade de avaliación continua voluntaria que consiste en que a todos aqueles alumnos que desexen, recibirán diversos problemas acerca da materia impartida, con distinto grao de dificultade, que deberá resolver ante a lousa diante do profesor.
Isto permite ao profesor coñecer o grao e os erros de aprendizaxe, as carencias e limitacións no uso das ferramentas de traballo, así como a capacidade de exposición, resolución e defensa do alumno.
A proba mixta, constará de dous parciais, o primeiro deles realizarase en decembro, ao cal SÓ PODERÁN ASISTIR AQUELES ALUMNOS QUE TEÑAN UN MÍNIMO DE ASISTENCIA DO 80% NAS CLASES DE DOCENCIA EXPOSITIVA. O outro realizarase coincidindo coa oportunidade de xaneiro. As probas parciais liberan materia e para superalas será necesario conseguir un mínimo de 3 puntos sobre un máximo de 7.5 puntos. Na oportunidade de xaneiro o alumno poderase examinar das probas parciais pendentes.
A nota final será a suma da nota da proba mixta (máx 7.5 pto)+ solución de problemas (máx 0.8 pto) +participación activa (máx 0.2 pto)+ prácticas de laboratorio (máx 1.5 pto) sendo imprescindible alcanzar unha puntuación de 5 puntos para superar a materia.
Na oportunidade de xullo consérvanse as cualificacións de prácticas, problemas voluntarios e participación activa polo que o estudante só se examinará das probas parciais pendentes.
Nesta actividade avaliaranse as competencias: A1, A3, A5, A12, A14, A15,B2 e C1.
75
 
Observacións avaliación


- Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia. Verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos.
- A nota final faise sobre 10 e a realización das prácticas así como a proba mixta é indispensable para aprobar a materia.

-A nota máxima no apartado de resolución de problemas é un 1 punto (máx. 0.8 en problemas voluntarios)+ (máx. de 0.2 participación activa en clases interactivas).

-A proba mixta, constará de dous parciais, o primeiro deles realizarase en decembro, ao cal SÓ PODERÁN ASISTIR AQUELES ALUMNOS QUE TEÑAN UN MÍNIMO DE ASISTENCIA DO 80% NAS CLASES DE DOCENCIA EXPOSITIVA. O outro realizarase coincidindo coa oportunidade de xaneiro. As probas parciais liberan materia e para superalas será necesario conseguir un mínimo de 3 puntos sobre un máximo de 7.5 puntos. Na oportunidade de xaneiro o alumno poderase examinar das probas parciais pendentes. A nota final será a suma da nota da proba mixta (máx 7.5 pto)+ solución de problemas (máx 0.8 pto) + participación activa (máx 0.2 pto)+prácticas de laboratorio (máx 1.5 pto) sendo imprescindible alcanzar unha puntuación de 5 puntos para superar a materia.

Na oportunidade de xullo consérvanse as cualificacións de prácticas, problemas voluntarios e participación activa polo que o estudante só se examinará das probas parciais pendentes.

-As notas obtidas nas metodoloxías de prácticas de Laboratorio, solución de problemas e participación activase sumarán á nota adquirida á proba mixta sempre e cando esta alcance o mínimo establecido de 3 puntos.

-Se non se alcanza o mínimo de 3 puntos esixida na proba mixta aínda que a suma do resto de actividades alcanzase un valor superior a 5 sobre 10, a materia figurará como suspensa cunha cualificación de 4.5.

-A puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, solución de problemas e participación activa durante o curso conservaranse para as oportunidades de xaneiro e xullo.

-A cualificación de NON PRESENTADO resérvase para aqueles alumnos que non se presenten á proba oficial de avaliación. 


 -Todos aqueles alumnos que SE MATRICULEN A TEMPO PARCIAL que non asistan a clase nin á resolución de problemas para ser avaliados deberán realizar as prácticas de carácter obrigatorio (cuxo valor máximo 1.5 punto) e a proba mixta (de valor máximo de 8.5 puntos). Para superar a materia a suma de nota de prácticas máis a proba mixta ha de ser de 5 puntos.

-Todos aqueles alumnos que suspendan a materia, deberán repetir, no curso seguinte, todas as actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes