Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral A asistencia non é obligatoria e non se avaliará, aínda que se recomenda para acadar os obxectivos da materia. 0
Prácticas de laboratorio A realización das prácticas é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación e entrega de resultados de cada sesión e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. Nesta actividade evaluaranse as competencias A19, A20, A22, A23, A24, B1, B3, B5, B7, C3, C6 15
Solución de problemas Valorarase ata un máximo de 0,5 puntos a asistencia. Avaliarase a participación na resolución dos problemas plantexados e poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. Nesta actividade evaluaranse as competencias A1, A3, A12, A15, B1, B2, B4, C1, C6 15
Proba mixta Exame que computa o 70 % da nota final.
Durante o cuadrimestre realizarase unha proba parcial que permitirá eliminar parte da materia no caso de obter unha nota igual ou superior a 5 (sobre 10). Nesta actividade evaluaranse as competencias A1, A3, A12, A14, A15, A25, B2, C1, C6
70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba como no
resto de actividades avaliables, unha nota non inferior ó 4 (sobre 10), e
acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota
mínima de 5 (sobre 10). De non alcanzarse a dita puntuación mínima en
algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse
maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5).

A
avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos
criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda
oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de
éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira
oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos
seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda
oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á
obtida na proba de xuño.

Os alumnos que por razones xustificadas non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente acordado ca profesora.

As prácticas de laboratorio realizaranse según o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre.

Para
obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 25 % das actividades avaliables programadas.

Polo
que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso
académico, e polo tanto voltaría a comezar cun novo curso, incluidas
todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programadas
para o dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes