Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Subjects
  Química 4
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Sesións de aula: Son sesións de 3 horas de duración que terán lugar durante os primeiros días do curso. Nelas abordaranse os temas do bloque da Introdución. Constarán dunha parte expositiva ónde o profesor explicará os conceptos fundamentais de cada tema para continuar con exemplos concretos de casos prácticos relacionados co tema. Unha hora será impartida por persoal da biblioteca da Facultade de Ciencias para explicar os recursos e manexo básico na biblioteca.
Laboratory practice Sesións de laboratorio: Son sesións de 3 horas de duración que terán lugar no laboratorio. Nelas realizaranse prácticas de procesos básicos e experimentos relacionados coas técnicas fundamentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se aprenderá a elaborar un caderno de laboratorio. Cada práctica levará asociado un guión que deberá ser estudado con antelación polos alumnos. Este guión conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos de cada práctica, nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade, e no análise de resultados e conclusións.
Mixed objective/subjective test Exame: Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito ónde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos.
Supervised projects Nesta metodoloxía inclúense varios tipos de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o semestre:

Sesións de resolución de problemas: Estas sesións celebraranse á finalización das sesións de aula e/ou laboratorio. Nelas os alumnos resolverán cuestións plantexadas nas clases teóricas.

Titorías anteriores as sesións de laboratorio: Nestas titorías avaliarase o grao de comprensión do guión de cada práctica antes da sesión de laboratorio correspondente. Durante algunhas destas titorías poderanse realizar probas de respostas curtas ou test que axuden a comprobar o grao de consecución dos obxectivos.

Sesións de titorías intermedias: Para comprobar e orientar o traballo dos alumnos (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes