Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Subjects
  Química 4
   Assessment
Methodologies Description Qualification
Laboratory practice Avaliación mediante o seguimento continuo do traballo no laboratorio. Avaliarase tamén o caderno de laboratorio.
Nesta actividade evaluaranse principalmente as seguintes competencias da titulación: A1, A16, A17, A18, A19, A20, A23, A25, B1, B2, B3, B4, B5, B6, B7, C1, C4, C6.
60
Mixed objective/subjective test Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas.
Nesta actividade evaluaranse principalmente as seguintes competencias da titulación: A1, A16, A20, A24, B2, B3, C1.
30
Supervised projects Avaliación do traballo realizado nas distintas actividades asociadas a esta metodoloxía (sesións de resolución de problemas, titorías anteriores ás sesións de laboratorio e titorías intermedias).
Nesta actividade evaluaranse principalmente as seguintes competencias da titulación: A20, A21, A24, B2, B3, C1.
10
 
Assessment comments

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso obter en cada unha das partes avaliables un mínimo de 4 (sobre 10) da puntuación máxima posible para esa parte, e acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, proba mixta e traballos tutelados) un mínimo de 5 (sobre 10).

- En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballos tutelados conservaranse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

- Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados, nin realizar a proba mixta.

- Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso.

- No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total
ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de
avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia
deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a
consecución das competencias propias da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes