Teaching GuideTerm Faculty of Science |
Grao en Química |
![]() |
![]() |
![]() |
|
|
|
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Química Analítica 1 | Código | 610G01011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas clases maxistrais o profesor desenvolverá os contidos fundamentais do programa da materia. As sesión maxistrais serán nun grupo único e terán unha duración de 50 min. Para un total aproveitamento das mesmas, o alumno haberá de preparar previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar, empregando tanto o material docente (esquema que reflicte os contidos de cada tema) como a bibliografía recomendada relacionada co tema, que se proporcionan ao alumno coa suficiente antelación a través da plataforma Moodle. |
Solución de problemas | Clases en grupos moi reducidos concebidas coma un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar de xeito directo. Estas clases están adicadas á resolución dos boletíns de problemas, que previamente terán sido proporcionados ao alumno a través da plataforma Moodle, e que deberán realizar de forma autónoma para a súa posta en común nestas clases. Ademáis, tamén se resolverán dúbidas sobre calquera aspecto relacionado coas sesións maxistrais. |
Prácticas a través de TIC | Como actividade inicial antes de comezar as prácticas, prográmase 1 sesión de 2 horas de duración nun grupo único na que se exporá aos alumnos a metodoloxía docente que se vai empregar nas prácticas de laboratorio. Así mesmo proxectarase un video sobre a análise volumétrica e gravimétrica dende o punto de vista práctico |
Prácticas de laboratorio | 6 sesións de laboratorio de aprox. 3 horas de duración, nas que o alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos estudados na aula. Cada práctica leva vencellado un guión e un prelaboratorio que serán proporcionados ao alumno (a través de Moodle) con antelación ás sesións prácticas. A realización dos prelaboratorios antes de realizar as prácticas é obrigatoria. Os guións terán cuestións que deberán ser respostadas e entregadas unha vez rematadas as prácticas. Durante as sesión de laboratorio, e de xeito simultáneo á realización dos experimentos, o alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, que recolla os cálculos, os procedementos experimentais e as montaxes necesarios. O profesor revisará o caderno de laboratorio de cada alumno en cada práctica |
Proba de resposta breve | Realizaranse dúas probas nas que se avaliará a aprendizaxe do alumno, mediante preguntas de resposta breve, sobre dous dos temas da materia. Esta proba realizarase empregando a plataforma Moodle. |
Proba mixta | Proba escrita que se realizará nas dúas convocatorias oficiais de xaneiro/xullo, na que se avaliará a aprendizaxe do alumno mediante preguntas de teoría, teoría aplicada e resolución de problemas. |
|