Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Experimentación en Química Física
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e conecementos adquiridos.
As respostas ás cuestións plantexadas durante a realización da práctica e a obtención e elaboración dos datos experimentais, conxuntamente co informe de prácticas, constituirán o 50% da nota final.
Competencias avaliadas: A17, A18, A19, A22, C1
50
Proba mixta Proba escrita para avaliar os contidos traballados na asignatura.
Realízase unha vez finalizado o periodo de prácticas. Constitúe o 50% da nota final.
Para superar a asignatura é necesario obter un mínimo de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita.
Competencias avaliadas: A1, A5, A14, A20, A21, B2, B3, C3

50
Traballos tutelados Informe das prácticas realizadas que ten que conter os fundamentos teóricos, a análise dos resultados experimentais e a resposta a unha serie de cuestións plantexadas. Informe que debe redactarse seguindo as pautas dun informe científico.

O informe das prácticas conxuntamente coa avaliación continua do traballo no laboratorio constituen o 50% da nota final
Competencias avaliadas: A1, A14, A16, A20, B3, B4, B5, C1, C3
0
 
Observacións avaliación

A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura.

Na primeira oportunidade, a avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas ás cuestións durante a realización e a elaboración dos datos experimentais, xunto co informe de prácticas constituirán o 50% da nota final. Unha prueba escrita constituirá o outro 50%.

A asignatura considerarase aprobada cando a media das notas
obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación alcance un valor mínimo de 5 puntos,
sobre un máximo de 10 puntos. Para poder superar a asignatura é necesario obter unha cualificación mínima de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita. De non
alcanzarse dita puntuación mínima, a asignatura figurará como suspensa (4.5) no caso de que a media resultante sexa igual ou superior a 5 (sobre 10).

A cualificación final do alumno poderá verse modificada ao alza ata un máximo de 1 punto pola avaliación da evolución global da progresión do alumno.

A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio.

Os alumnos que sexan avaliados na chamada “segunda oportunidade” só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na “primeira oportunidade”

En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles
poderase realizar un exame adicional para decidir a asignación das mesmas.

Na segunda oportunidade, os alumnos que teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un examen na aula que suporá o 100% da cualificación.  Os alumnos que non teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un exame práctico no laboratorio.

A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes