Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral • A participación do alumno durante o desenvolvemento desta actividade, facendo preguntas que axudan a aclarar conceptos ou plantexando enfoques alternativas é incentivada.

• Os competencias da titulación avaliadas nesta metodoloxía inclúen as codificadas como B1, B3 e C8.
5
Seminario • As sesións de seminario basearanse no traballo do alumno. Fortalecen e establecen os conceptos teóricos desenvolvidos nas distintas disciplinas. Serven para o debate sobre as metodoloxías e procedementos aplicados en cada caso.

• Serán avaliadas as competencias B1, B3 e C6 no desenvolvemento das actividades dos seminarios.
10
Prácticas de laboratorio • Reflicten a destreza e capacidade do alumno na planificación, deseño e desenvolvemento de experimentos sinxelos. Ensaio de distintas técnicas para caracterizar os diferentes sistemas ou procesos no seguimento dunha reacción química. Tratamento cuantitativo dos resultados experimentais según os modelos introducidos na sala de informática. Explicación dos resultados en base a modelos teóricos.

• Na condución das prácticas de laboratorio os alumnos serán avaliados nas competencias A19, A20, A22, A23, A24, A25, B4, B7 e C3.
30
Proba mixta • A realización da proba escrita consta de cuestións teóricas e prácticas derivadas dos contidos teóricos do curso, dos seminarios e das prácticas. É necesario superar o 45% das cuestions para engadir os porcentxes das outras actividades, así como haber aistido regularmente as clases de exposición.
• A superación das prácticas é esencial na superación da asignatura.
• As puntuacións obtidas en todas as actividades, con excepción da do exame, manteránse nas restantes convocatorias do curso académico.
• O alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non se presentase exame oficial (Programación da Facultade)
• As competencias da titulación que son avaliadas na proba obxectiva centránse principalmente nas codificadas como A1, A3, A4, A10, A14 e B3.
55
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes