Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboratorio de Química
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta A proba mixta constará de preguntas e problemas a resolver relacionados coa temática das clases expositivas, dos talleres/seminarios impartidos (determinación estrutural) e das prácticas de laboratorio.

Competencias avaliadas: A1, A9, A15, A20, B2, B3, B4, C1
40
Prácticas de laboratorio Na avaliación continua valoraráse: o traballo prelaboratorio, a actitude e actividade nas sesións de laboratorio, así como a elaboración dos informes de laboratorio.

Competencias avaliadas: A1, A7, A9, A14, A15, A16, A18, A20, A23, A24, B2, B3, B4, C1, C3
45
Obradoiro Valoraráse a actitude e a actividade do alumno durante as sesións, así como as resolucións escritas dos problemas propostos.

Competencias avaliadas: A1, A9, A14, A15, B2, B4, C1
15
 
Observacións avaliación

A cualificación numérica final será a suma da puntuación obtida en cada parte: obradoiros, prácticas de laboratorio e proba mixta. Considérase aprobada a asignatura si este valor acada un mínimo de 5 sobre 10 puntos.
Para que se teñan en conta as cualificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obter a cualificación mínima dun 4 sobre 10 en cada unha delas. Polo tanto, de non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha actividade, a materia figurará como suspensa, aínda que suma total sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada será de 4.5).

A asistencia á totalidade das sesións presenciais é obrigatoria.

A cualificación será non presentado cando a asistencia ás sesións presenciais (obradoiros, seminarios, laboratorio) sexa inferior ao 51%.

Na segunda oportunidade de avaliación, en xullo, o alumno someterase a avaliación do que non superase na primeira oportunidade.

A concesión de MATRÍCULA DE HONRA farase preferentemente nas cualificacións da 1ª oportunidade. Tendo en conta que a cantidade de Matrículas de Honra outorgables é limitada, só poderá obterse esta cualificación na 2ª oportunidade se non foron esgotadas na primeira.

O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico completo, e polo tanto volverá comezar cun novo curso académico, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para o mesmo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes