A materia divídese en dous bloques, Probabilidade e Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística. Cada un destes bloques se avaliará de forma independente, polo que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. Para aprobar
a asignatura é necesario ter aprobada por separado cada unha das dúas partes
das que consta a materia.
Durante o curso realizaranse dúas probas eliminatorias, unha para cada bloque, de modo que o alumno que supere algunha delas terá aprobado o bloque correspondente de
cara aos exames finais de maio/xullo.
A parte
de PROBABILIDADE representa o 40% da nota final, e o outro bloque da materia (Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística) representa o 60% da nota final.
Para obter a cualificación de NON PRESENTADO en maio, os alumnos non se
poderán ter presentado a ningunha proba parcial eliminatoria. Para obter a cualificación
de NON PRESENTADO en xullo, os alumnos non se poderán ter presentado ó exame
final desa convocatoria.
Adicionalmente poderase valorar a asistencia e participación nos seminarios,
titorías, clases prácticas, etc. podendo aumentar ata un punto o valor da cualificación
final.