Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Técnicas en Microbioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Realización e valoración das tarefas encomendadas ao longo dos seminarios. Será obrigatorio por parte dos alumnos presentar, de forma presencial na aula, os resultados que obtiveron na realización das prácticas de laboratorio. 10
Sesión maxistral Avalíase a través da proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do alumno durante o desenvolvemento das prácticas.
Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos prácticos.
10
Proba mixta Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios. 70
Estudo de casos O alumno deberá resolver un suposto caso práctico que se lle formulará durante os seminarios. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 5 sobre 10 na "proba mixta", realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias e obter nelas unha puntuación mínima dun 1 punto sobre un máximo 3.

No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda deberá superarse a parte non superada.

Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non se presentar á proba mixta e non ter asistido á metade das sesións de prácticas.

Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes