Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos adquiridos nas sesión maxistrais. 60
Sesión maxistral Avalíase pola proba mixta 0
Seminario O alumno elaborará de xeito obrigatorio, unha crítica razoada dun traballo de investigación, ben orixinal (levado a cabo nas sesións de seminarios) ou xa publicado. Valorarase a capacidade crítica e de síntese. 15
Prácticas de laboratorio O alumno está obrigado a facer as prácticas no laboratorio nas datas indicadas para o curso. Ademais de unha evaluación continua do alumno, tamén se fará un exame tipo test para avaliar o grao de coñecemento alcanzado. 15
Presentación oral Ao remate dos seminarios e de xeito obrigatorio, o alumno presentará no aula un traballo científico baseado nalgún artigo xa publicado o en datos propios obtidos no laboratorio durante a realización das prácticas e/ou seminarios.
Valorarase a fluidez na lenguaxe científica na exposición oral e nas preguntas que se plantexen ao finalizar a exposición.
10
 
Observacións avaliación

É obrigatorio a asistencia as prácticas de laboratorio para poder ser avaliado, e tamén ter entregado e/ou presentado en tempo e forma aquelas tarefas establecidas como obrigatorias xa arriba indicadas.


Para computar na cualificación final o valor obtido nos apartados de seminarios, prácticas e presentación oral, o alumno terá que ter superado a proba mixta, correspondente á teoría da materia.


No caso de non superar a materia na primeira opción, na segunda oportunidade deberán ser superadas cada unha das partes non aprobadas.


Para que un alumno sexa considerado como NON PRESENTADO non deberá terse presentado á proba mixta.


Se o número de Matrículas de Honra que poden concederse se esgota na primera opción, non se otorgará ningunha na segunda oportunidade, aínda cando se alcance a máxima puntuación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes