Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Xenética de poboacións e evolución
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Exposición oral de 5 minutos, en inglés, sobre un tema monográfico asignado polo profesor. A valoración efectuarase mediante unha rúbrica que recolle tanto aspectos formais como de contido, e representará un máximo de 10 puntos.
A presentación oral deberá ir acompañada dun pequeno guión descritivo do seu contido, en inglés, con indicación das principais fontes documentais (1 páxina A4, con letra tamaño 12 e como máximo 10 referencias bibliográficas), que terá un valor máximo de 5 puntos.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A21 e A24.
15
Aprendizaxe colaborativa Varias pregutas de tipo test que deberán responderse ao final de cada sesión de aprendizaxe colaborativa. Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27. 20
Sesión maxistral Dez preguntas relativas a ampliación de contidos expostos nas clases maxistrais, que poden enviarse para cualificación en calquer momento do curso. Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21 e A24 10
Prácticas a través de TIC Realización de varios exercicios de xenética evolutiva cun ordenador persoal, empregando os programas informáticos utilizados nas prácticas. É imprescindible obter polo menos 8 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A21, A24 e A27.
15
Proba obxectiva Conxunto de 20-30 preguntas de distinto tipo (alternativa múltiple, resposta breve, completar, asociación, etc) relacionadas con calquera dos contidos do temario. Corresponde ao exame final da materia. É imprescindible obter polo menos 20 puntos nesta proba para aprobar a materia.
Nesta actividade avaliarase a adquisición das competencias A7, A12, A18, A21, A24 e A27.
40
 
Observacións avaliación

Consideraranse presentados todos os alumnos que fixesen o exame de prácticas ou a proba obxectiva.

A nota final en actas dos alumnos que non acadaran nas prácticas ou na proba obxectiva a nota mínima  para aprobar a materia, pero cuxa puntuación acumulativa fose superior a 50, será un 4.9 (SUSPENSO).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes