Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal II
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario As actividades desenvolvidas durante os seminarios serán avaliadas de maneira contínua polo profesor. Avaliaranse as competencias A21,A26 10
Proba de resposta múltiple Proba tipo test. Avaliaranse as competencias A18 e A29. 15
Proba mixta Exame dos coñecementos teóricos e prácticos. 55% teórico 20% práctico. Avaliaranse as competencias seguintes:
Exame teórico: A18, A29
Exame práctico: A8, A26, A30, A31
75
 
Observacións avaliación

A avaliación constará de dúas partes:

1) Parte teórica que inclúe os seminarios, a proba de resposta múltiple e parte da proba mixta

2) Parte práctica, incluída na proba mixta.

En cada unha delas hase de alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10. Ademais, será imprescindible obter un mínimo de 4 puntos en cada unha das dúas partes, teórica e práctica, da proba mixta final. A media de todas as actividades avaliables ha de alcanzar un mínimo de 5 puntos. Se a media resultase ser de 5 ou máis puntos, pero obtivéronse menos de 4 puntos nunha das partes da proba mixta (ou nunha das partes da avaliación), a nota final será de 4,9 (suspenso). Na segunda oportunidade (Xullo), realizarase unicamente a proba mixta, as cualificacións obtidas en seminarios e proba de resposta múltiple mantéñense da primeira oportunidade.

A asistencia ás prácticas considérase obrigatoria. Serán considerado como NON PRESENTADOS aqueles alumnos que non concorran ás probas mixtas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes