Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Comunicación multimodal
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Sesión maxistral Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Traballos tutelados Traballo individual tutelado polo profesor no que o/a estudante aplicará o aprendido na materia. O tema será acordado co profesor. 40
Lecturas Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Prácticas a través de TIC Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Proba obxectiva O/a estudante só poderá optar por esta posibilidade na segunda oportunidade, en substitución do traballo tutelado. A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. 5
Obradoiro Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
 
Observacións avaliación

As porcentaxes aportadas arriba non responden á distribución real, e deberon ser incluídas por esixencias da aplicación.

A cualificación final do estudante na primeira oportunidade responderá á seguinte distribución:

1. Un 40% responderá ao traballo tutelado individual que debe realizar.

2. Un 45% responderá ás actividades e tarefas avaliables encomendadas ao longo do curso (individuais e grupais) e que foran recollidas e puntuadas polo profesor.

3. Un 15% responderá á participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas.

4. Recibirá a cualificación de Non Presentado quen non entregara o traballo tutelado nin o 50% ou máis das tarefas avaliables encomendadas.

Quen non superara a materia, disporá dunha segunda oportunidade no mes de xullo. O/a estudante ten dúas opcións:

Opción A. Realizar os traballos e actividades non entregados ou non superados na primeira oportunidade: pode ter que realizar as mesmas ou unhas substitutivas que lle indicará o profesor. A distribución porcentual para obter a cualificación final será igual á da primeira oportunidade.

Opción B. Realizar as actividades non entregadas ou non superadas na primeira oportunidade (45%), e unha proba obxectiva (na data oficial establecida) que substitúe ao traballo tutelado (40%).

Nas dúas opcións, se o/a estudante ten suspensa a parte de participación (15%), esta non computará e cada unha das outras dúas pasará a contar un 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes