Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Introdución aos Estudos Literarios
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Cualificación na proba ou exame teórico.
50
Sesión maxistral A participación do estudante na aula da sesión maxistral será tida en conta na avaliación do curso 5
Presentación oral Terase en conta na súa avaliación o coñecemento da materia que o alumno demostre, así como a súa habilidade comunicativa e dominio da lingua oral na exposición na aula. 10
Obradoiro Na aula de prácticas se avaliará o proceso de traballo individual e en equipo 10
Lecturas Avaliarase o traballo de lectura realizado polo alumno 10
Recensión bilbiográfica Avaliación da resposta do alumno no referente ao seguimento da orientación exposta na aula pola profesora ou profesor,para a realización de recensións, fichas ou comentarios de lecturas 15
 
Observacións avaliación

Na 1ª convocatoria, realizarase un exame teórico, cuxa nota se unirá á obtida nos traballos prácticos levados a cabo durante o curso. Os alumnos que non superen entón a materia e pasen á 2ª oportunidade, realizarán en xullo un exame máis extenso, que constará dunha parte teórica e outra práctica. A cualificación dese segundo exame será a nota obtida finalmente na materia. En calquera das oportunidades,o alumno deberá obter unha nota mínima de 4 na proba teórica escrita para aprobar a asignatura,tal e como establece a normativa da Facultade de Filoloxía. Os traballos nos que o alumno plaxie serán penalizados cunha cualificación de 0,00. As probas escritas e os traballos deben realizarse con corrección lingüística: o profesor baixará a nota por erros de acentuación, ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, por redundancias excesivas, falta de precisión ou pobreza léxica, uso de abreviaturas ou utilización dun rexistro non formal. Na primeira oportunidade de avaliación, será considerado NP o alumno que non se presente á chamada "proba mixta", ou exame relativo á parte teórica da materia.Os repetidores, e os alumnos con exención de asistencia por razóns laborais ou doutra índole, deberán poñerse en contacto co docente ao inicio do curso -e nonmáis tarde- para a organización da súa docencia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes