Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Española 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Exercicios prácticos e probas sobre algún aspecto concreto do temario. 50
Proba mixta Examen final no que se mostrarán os coñecementos e competencias adquiridas, tanto dende o punto de vista teórico como aplicado. 50
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10. 

2. Na realización das actividades avaliables ao longo do curso e na dos exames será imprescindible seguir as normas proporcionadas no seu momento. 
3. No caso dos exercicios e traballos, ademais, deben terse presentes as seguintes indicacións:
-o alumno deberá axustarse ao prazo de entrega fixado;
-evidentemente, o plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, supoñerá o suspenso automático da actividade avaliada. 
4. Para aprobar a materia será imprescindible mostrar un correcto dominio do español (ortografía, acentuación, puntuación, expresión, etc.). Cada falta de ortografía ou
de puntuación descontará 0,5 puntos da nota do exame, traballo ou exercicio. En caso de faltas moi graves, 1 punto. 
5. Cualificarase como "non presentado", na primeira edición de actas (mes de xaneiro), a quen non se presente ao exame oficial. 
6. Na segunda edición de actas (mes de xullo) o alumno poderá recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos, coas mesmas porcentaxes que na edición anterior. En caso de que non realice ningunha proba, será cualificado como "non presentado". 
7. Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos talleres, logo de acordó co profesor. 
8. A materia poderá ser adaptada a estudantes con minusvalideces e aos que non teñan un nivel de español similar ao nativo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes