Esta materia ofrece formación teórico-práctica na descrición e uso da lingua inglesa de maneira que se garanta un dominio práctico da mesma a un nivel intermedio-alto. O alumnado debería conseguir consolidar –unha vez que se cubran os contidos da materia– moitas das competencias do nivel B2 dentro dos seis niveis que se distiguen no Marco Europeo de Referencia. Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes superen previamente a materia Lingua inglesa 1 ou teñan un nivel equivalente ao establecido para esa materia.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías