Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa e os seus Usos 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Entrevista individual ou por parellas (ou en grupos de tres); preguntas de comprensión; demostración de destrezas comunicativas, interacción cos compañeros; expresión de opinóns, vantaxes, preferencias, etc. 25
Proba mixta Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. 50
Traballos tutelados Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. 25
 
Observacións avaliación

1. Entrega de traballos
tutelados (tarefas escritas): 23 de outubro, 20 de novembro e 18 de
decembro 2014. É necesario entregar

todos

os traballos especificados
polos profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas.
Penalizaranse os traballos entregados tarde sen xustificación axeitada.

2.
Terás que asinar en cada sesión (grupo grande, interactiva e reducida).
A asistencia regular é un indicador do interese pola materia, á parte
de ser necesaria para poder progresar.

3. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2014-15 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable.

4. A segunda oportunidade, en xullo, segundo o calendario aprobado por Xunta de Facultade,
consistirá en repetir la(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). Se o
alumno suspende a parte dos traballos tutelados, debe presentar TRES
novos traballos. As especificacións publicaranse en

Moodle, con datas de entrega durante o segundo cuadrimestre, e antes do comezo do período de exames.

5.
A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da
avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar la(s) parte(s) non
aprobada(s).

6. Non se pode superar a
materia sen aprobar

cada unha

das partes descritas da avaliación cunha
cualificación mínima de

5 puntos

sobre 10.

7. As datas para a entrega
de tarefas e para a realización do exame oral deben respectarse;
calquera incidencia que impide cumprir cos requisitos debe xustificarse

documentalmente.

8. Obterá unha cualificación de "non presentado"
aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a
proba mixta e a proba oral) e que tampouco realizase os traballos
tutelados.

9. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a
tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como
establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a
segunda oportunidade de xullo.

10. Para máis detalles, véxanse --Recomendacións--.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes