Lecturas |
Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial. |
Prácticas a través de TIC |
O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas. |
Proba obxectiva |
A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas.
Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
|
Presentación oral |
Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa do/da estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co/coa profesor/a, en que tal vez deba improvisar determinadas situacións.
Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica.
Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
|