Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Serán avaliados un conxunto seleccionado dos traballos (orais ou escritos) desenvolvidos nas aulas de maneira individual ou colectiva 20
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre o estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 40
Presentación oral Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 15
Traballos tutelados Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final.
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
25
 
Observacións avaliación

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de
actividades se estas foren entregadas fóra de prazo sen
causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao londo do cuadrimestre deberán realizar en xullo unha proba de carácter oral e escrito e entregar as actividades non presentadas ou suspensas.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou quen non entregar as catro actividades obrigatorias exixidas polo docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co/coa profesor/a.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes