Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 2: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida As intervencións, orais e escritas, do/da estudante durante as sesións presenciais serán obxecto de avaliación, levando en conta especialmente os recursos comunicativos de cada alumno/a e a sua capacidade para resolver os problemas colocados. 10
Obradoiro Serán realizadas atividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (léxico, gramática, fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa do estudantado. 20
Presentación oral Cada alumno terá de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa.
Para alén da interacción oral corrente na sala de aulas, cada estudante deberá realizar unha prova de leitura e outra de interacción linguística.
15
Proba mixta Cada estudante deberá realizar unha proba mixta de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 40
Traballos tutelados Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado".
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
15
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba mixta deberá atinxir no mínimo 40% do total atribuído neste guía a esta metodoloxía.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás probas
escritas ou que non realizar os traballos tutelados.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes