Enxeñeiro en Informática |
Asignaturas |
Aspectos Xurídicos e Deontolóxicos da Informática |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Aspectos Xurídicos e Deontolóxicos da Informática | Código | 614111606 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Todos | Optativa | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Estudo de casos | A análise ética e xurídica da informática ten unhas características específicas. Co estudo de casos se pretende examinar a estrutura e os contidos dos problemas presentes nos casos, tanto de xeito individual como en grupo. É unha forma de aprendizaxe de contidos e tamén metodolóxica, na que o estudante aprende a analizar, deliberar e chegar a conclusións fundamentadas e razoábeis con argumentos éticos e xurídicos. resulta útil para exercitar as destrezas e habilidades argumentativas. |
Análise de fontes documentais | Leitura e exame crítico dos principais documentos éticos e xurídicos da informática. Serven de introdución xeral á materia, pois están presentes en todos os temas. Proporcionan unha explicación histórica e sistemática do seu significado. Así mesmo, son importantes para o estudo de casos, os obradoiros e os traballos tutelados. |
Obradoiro | Combinación de diversas metodoloxías que ten como finalidade a análise de temas concretos baixo a guía dos profesores: exposición, deliberación, argumentación, propostas de solución,... tanto individuais como colectivas. Fai que o estudante participe dun xeito máis activo e pona en prática os seus coñecementos e as súas habilidades e destrezas argumentativas. Permite tamén estudar polo miúdo algunhas cuestións importantes. |
Proba obxectiva | Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe, especialmente dos coñecementos adquiridos. |
Sesión maxistral | Mediante unha exposición oral, o profesor tenta transmitir os conceptos e coñecementos éticos e xurídicos básicos da materia. A súa singularidade fai que adique tamén un tempo á exposición da linguaxe específica que soporta os conceptos, e que serve de principal medio de comunicación e argumentación ética e xurídica. Sen estas sesións aclaratorias o estudante terá dificuldades para comprender axeitadamente a linguaxe e os conceptos que integran os aspectos éticos e xurídicos da informática. |
Traballos tutelados | Contando coa guía do profesor-titor, o estudante millora a súa aprendizaxe autónoma mediante a realización de traballos individuais ou en pequenos grupos sobre aspectos concretos da materia. Deste xeito desenvolve habilidades na argumentación escrita e oral, destrezas metodolóxicas e reflicte o alcance dos seus coñecementos. |
|