Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións
 Asignaturas
  Computación Científica en Arquitecturas Emerxentes
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio É obligatoria a asistencia e a realización das prácticas de laboratorio estipuladas nos boletines 40
Traballos tutelados Realización de traballos propostos polo profesor para profundar nalgún aspecto da materia 60
 
Observacións avaliación

A asistencia a clases e prácticas e a entrega de traballos é un requisito obligatorio para superar a materia. O número de horas que o alumno pode faltar, sempre por causa xustificada, non debe ser superior ao 10% do total de horas de prácticas. O requerimiento de asistencia ás clases e prácticas xustifícase na natureza das mesmas, en que forma parte da avaliación da materia e en que o traballo realizado nelas permite ao profesor seguir o progreso do alumno.

A avaliación realizarase da mesma forma en todas as oportunidades: asistencia a clase, realización de prácticas, e entrega de traballos. Nesta materia non se realizarán exames. Para poder presentarse á avaliación será condición indispensable o asistir ás clases e realizado as prácticas durante o cuatrimestre. Pola súa banda, os traballos deberán presentarse antes da data de comezo do período de exames, en calquera das dúas oportunidades.

A condición de non presentado virá dada polo non cumprimento de calquera dos requisitos da avaliación (non asistencia ás clases, non realización de prácticas ou non presentación de traballos).

Manterase o aprobado da parte da materia realizada e superada nas oportunidades anteriores: asistencia ás clases e realización de prácticas por unha banda e presentación de traballos polo outro.

Os alumnos que cursen a asignatura a tempo parcial realizarán as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo completo. Asegurarase que os seus horarios de clase e os horarios das probas a realizar sexan compatibles co horario que teñan estipulado que deben asistir ao centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes