A avaliación da asignatura consta de dúas partes:
1.- A primeira parte consiste na realización dun exame teórico-práctico da materia (nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade) que puntuará cun máximo de seis puntos.
2.- A segunda parte corresponde aos seminarios (TGR) e ás prácticas de ordenador, aos que se lles asignarán un e tres puntos respectivamente. Acualificación á que se refire este apartado, obterase mediante a realización de
exercicios, traballos, e/ou exames realizados ao longo do
cadrimestre ou ao final do mesmo.
Na segunda oportunidade de xullo o proceso de avaliación incluirá:
a) unha proba mixta na que se engadirá un exercicio extra correspondente á valoración dos seminarios (TGR),
b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio.
A realización dos exercicios correspondentes ás valoracións de
TGR e prácticas de laboratorio serán opcionais para o alumno e, no
caso de non realizalas, o estudante manterá as cualificacións acadadas durante o curso académico actual.
A avaliación dos TGR e das prácticas de laboratorio dos alumnos
con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na
medida do posibe, a súas circunstancias particulares.
Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro o proceso de avaliación incluirá:
a) unha proba mixta na que se engadirá un exercicio extra correspondente á valoración dos seminarios (TGR),
b) un examen para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio.