A materia de Álxebra é unha materia cuadrimestral que se imparte no segundo cuadrimestre do primeiro curso da titulación de Grao en Enxeñaría Informática. É unha materia do módulo de Formación Básica na rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nesta materia débense adquirir os hábitos de abstracción e rigor necesarios no ámbito profesional dun informático. Os conceptos que se estudan son básicos para o desenvolvemento doutras materias máis especificas da titulación; por exemplo, Computación Gráfica, Visión Artificial, Lexislación e Seguridade Informática, Procesamento dixital da Información, Redes.
O carácter dos estudos e as necesidades de formación dos estudantes do Grao en Enxeñaría Informática aconsella un enfoque computacional da álxebra, por iso, porase especial énfase nos conceptos de álxebra que se empregan en teoría de computación, destacando o enfoque algorítmico nos métodos.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías