Teaching GuideTerm Faculty of Computer Science |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Programación de Sistemas |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Programación de Sistemas | Código | 614G01058 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Os alumnos desenvolverán prácticas no laboratorio para a aprendizaxe da programación de dispositivos móbiles con Android. Suscitaranse unha serie de prácticas seguindo un guión para que o alumno se familiarice cos conceptos e procedementos básicos da programación con Android. Tamén se promoverá a ampliación e mellora das funcionalidades básicas de cada práctica proposta así como a discusión e a resolución de problemas. As prácticas constan dunha parte presencial (que se entrega ao acabar) e outra non presencial que se entrega antes da seguinte clase de laboratorio. Os alumnos a tempo parcial poderían presentar todas as prácticas de forma non presencial. |
Traballos tutelados | Propoñeranse traballos (aplicacións) para que os alumnos profunden en temas tratados na asignatura e explorar novos coñecementos. Valorarase especialmente que a aplicación sexa funcional e robusta. Cada traballo desenvolverase por un número reducido de alumnos (típicamente entre 2 e 4), polo que a coordinación e a metodoloxía de traballo é importante. As ideas e problemas discutiranse fundamentalmente durante as horas de tutoría de grupos reducidos. Tamén se pedirá un informe de seguimiento en cada fase de desenvolvemento. |
Proba mixta | Exame sobre os contidos da materia que combinará preguntas de teoría coa resolución de problemas. |
Sesión maxistral | Exposición didáctica dos contidos teóricos da asignatura empregando diapositivas e outros recursos TIC. Tamén se expoñerán en detalle a implementación de certas aplicacións básicas para que os alumnos póidanas implementar e testear durante as prácticas de laboratorio. |
|