Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas |
Diplomado en Máquinas Navais |
Asignaturas |
Instrumentación Industrial |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Instrumentación Industrial | Código | 631111506 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Primeiro-Segundo-Terceiro | Optativa | 3.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas de laboratorio | Hai dous tipos de prácticas de Laboratorio: 1ª) Consiste na inspección dunha planta de quencemento de auga instalada no Laboratorio de Automatización II. Trala descrición do sistema polo profesor, os alumn@s deben facer os apuntamentos necesarios, e plantexar as cuestións que consideren convenientes, para xerar un plano de instrumentación da planta. 2ª) Trátase das prácticas de instrumentación virtual que se levan a cabo na aula de informatica facendo uso do LabView ou software de similares características. |
Sesión maxistral | As sesión maxistrais correspóndense co descrito no primeiro apartado de Actividades Introductorias. |
Prácticas a través de TIC | O curso fundaméntase no uso da Plataforma de Teleformación é dunha web propia da materia á que se acesa dende a Plataforma. O curso está estructurado en temas, e a súa vez cada tema organízase nos apartados: Introducción, Actividades e Materiais. O alumno debe realizar as actividades propostas utilizando os Materiais e as ferramentas de software adecuadas, xerando un documento entregable a través da plataforma que incluirase no seu Cartafol |
Saídas de campo | Durante o curso o alumno traballa cos planos de instrumentación dunha instalación real, a do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses. Na última parte do curso faise unha visita as instalacións técnicas de dita institución, para comprobar "in situ" a correspondencia entre os planos e funcionamento da planta. |
Portafolios do alumno | O Cartafol vaise elaborando ao longo do curso mediante a entrega dos traballos que están programados na Axenda da Plataforma de Teleformación, e constitúen a principal vía de avaliación, que remata cunha entrevista persoal entre alumn@ e profesor para valorar o Cartafol e o seguimento da materia. |
Proba obxectiva | Os alumn@s que non superen a materia mediante a valoración do seu Cartafol poderán acudir a un exame final da materia, na que terán a oportunidade de completar a nota obtida mediante o Cartafol. Desaconséllase esta proba como única vía para superar a materia. |
|