Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Mariña
 Asignaturas
  Hixiene Naval e Riscos Laborais
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
A10 Observar os procedementos de emerxencia, no ámbito da súa especialidade.
A11 Observar prácticas de seguridade no traballo, no ámbito da súa especialidade.
A18 Redacción e interpretación de documentación técnica.
A21 Capacidade para exercer como Oficial de Máquinas da Mariña Mercante, unha vez superados os requisitos esixidos pola Administración Marítima.
A27 Aplicar os protocolos de seguridade nos casos de supervivencia.
A28 Participar nos plans de coordinación de asistencia médica a bordo dos buques e aplicar os protocolos en caso de accidente e emerxencia médica.
A42 Prestar primeiros auxilios a bordo.
A48 Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas.
A58 Observar o cumprimento da lexislación vixente neste ámbito.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaboradora.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
B11 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes